Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O PLENO DE BUEU APROBA OS FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2017
[Veciños]
[Do Luns, 19 de Setembro do 2016 ao Luns, 19 de Setembro do 2016]
Pleno Bueu 19 de setembro
Pleno Bueu 19 de setembro
O 28 de febreiro e o 11 de novembro son os días elixidos para formar parte do calendario de festivos
O pleno da corporación municipal de Bueu aprobou este luns os festivos locais para o vindeiro ano 2017, que serán o 28 de febreiro (martes de Entroido) e o 11 de novembro (San Martiño). Esta decisión xa fora avalada pola Xunta de Voceiros celebrada o pasado 5 de setembro, na que se tivo en conta a circunstancia de que o día do Carme, festivo tradicional da vila, coincide en domingo.
Foi unha sesión plenaria na que a orde do día estaba conformada por diferentes dacións de conta: informes de morosidade do segundo trimestre, informes de morosidade do IMD do segundo trimestre, resolucións da alcaldía, e reparos de legalidade formulados pola intervención municipal. O alcalde aproveitou tamén ao inicio do acto para dar a benvida ao novo interventor do Concello de Bueu, Marcos Vázquez Campaña.
Na quenda de rogos e preguntas, os tres grupos da oposición, PP, PSOE e ACB-SON presentaron de novo unha moción que contempla un regulamento de mellora do acceso á información dos concelleiros e concelleiras dos tres grupos. Dita moción foi rexeitada polo grupo do goberno xa que, como declarou o alcalde, “non se puido elaborar aínda un borrador sobre o que avanzar o regulamento, debido á inxente cantidade de traballo nas oficinas municipais e aos propios ritmos do Concello”.
Pola súa banda, José Manuel Vilas, voceiro do PSOE apuntou que sería necesario elaborar un plan de usos das instalacións da Casa da Aldea de Meiro, o que conta co beneplácito do goberno municipal, quen xa ten en mente confeccionar un regulamento de usos para así dar acollida tanto ás iniciativas de eventos públicos como privados, como xa se vén demandando fai anos.
Julio Villanueva, concelleiro de ACB-SON, formulou varias preguntas, entre elas a de se levaran a cabo algunhas actuacións para a cesión dos terreos da senda do río Bispo, e os criterios que ten o goberno municipal para a colocación dos composteiros nas áreas elixidas, cuestións que serán contestadas no vindeiro plenario.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029