Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Urbanismo
Voltar
O CONCELLO INICIA O PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DUN PAVILLÓN DE DEPORTES EN CELA
[Urbanismo]
[Do Xoves, 22 de Setembro do 2016 ao Xoves, 22 de Setembro do 2016]
Visita á pista polideportiva de Cela
Visita á pista polideportiva de Cela
A actuación estase estudando na actual pista polideportiva próxima ao CEIP A Torre de Cela // O Concello buscará o cofinanciamento da Consellería de Educación
Bueu conta nestes momentos con dous pavillóns: o de Pablo Herbello, sito no centro urbano, e o de Laxes, na parroquia de Beluso. Pero a idea é que pronto se poida contar cunha instalación de semellantes características na parroquia de Cela, o que permitirá dar cabida a todos os clubes deportivos que nestes momentos reclaman máis dispoñibilidade de horarios.
O Concello buscará o apoio da Consellería de Educación para acometer a conversión da pista polideportiva exterior que se atopa nas inmediacións do CEIP A Torre de Cela, e que pertence a este centro, para así transformala no pavillón polideportivo desta parroquia. Este terá como primeiros beneficiarios aos escolares, aínda que o Concello pretende que se empregue pola cidadanía en xeral.
Esta idea xorde tras a necesidade trasladada á alcaldía por parte dos diversos clubes e asociacións deportivas, e despois de ser debatida cos representantes da ANPA do CEIP A Torre de Cela, que mostraron tamén a súa conformidade.
Os servizos técnicos municipais xa se están encargando dende agora dos traballos de estudo e campo para determinar se a superficie total (aproximadamente 2300 metros cadrados) pode ser empregada na súa totalidade, e para o que despois buscará o cofinanciamento e apoio da Xunta de Galicia. Así o destacou o alcalde de Bueu, Félix Juncal, quen acudiu este martes a este espazo xunto ao concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva e o arquitecto municipal para ver as posibilidades de actuación no mesmo.

Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029