Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU DOTARÁ A PRAZA MASSÓ DUNHA FONTE CIBERNÉTICA
[Urbanismo]
[Do Mércores, 28 de Setembro do 2016 ao Mércores, 28 de Setembro do 2016]
Proxecto fonte cibernética Praza Massó
Proxecto fonte cibernética Praza Massó
Este proxecto busca rexenerar o espazo do canabal e do estanque de Massó, ao tempo que se complementa con iluminación LED e cun sistema interactivo de xogo
O Concello de Bueu está ultimando un proxecto que suporá a mellora da Praza Massó, un dos espazos de lecer máis salientables cos que conta a vila e en pleno centro do casco urbano. Trátase da instalación dunha fonte transitable cibernética, que se situará no lugar que hoxe ocupa o estanque e que se vai retirar debido a que na actualidade xa non se está utilizando como tal.
A idea que baralla o goberno local, que leva traballando nos últimos meses na rexeneración deste espazo, é substituír o estanque por unha fonte transitable cibernética, que se complementará con iluminación LED e cun sistema interactivo de xogo. Con elo reforzarase o carácter lúdico da Praza Massó e modernizarase a imaxe dun espazo que foi creado no ano 2009 como parte da urbanización da mazá Massó, e no que se celebran habitualmente eventos e actos ao aire libre. Segundo o alcalde da vila, Félix Juncal, a instalación desta infraestrutura suporá “un valor ornamental ao que se engadirá a ampliación da oferta lúdica para os máis pequenos e pequenas”. As dimensións da fonte serán de aproximadamente 7,00 x 7,40 metros, polo que non ocupará o espazo total do estanque actual. Máis concretamente, o proxecto establece a dotación de doce surtidores verticais, doce proxectores somerxibles con iluminación LED, un sistema de tratamento para as óptimas condicións das augas, un mecanismo de control a través dun software de xestión da instalación integrada, sensores pisadores duradeiros e eficaces para prever vandalismo, e paneis informativos.
O obxectivo non deixa de ser outro que optimizar este espazo, no que xa se rexenerou o canabal que estaba moi deteriorado debido a unha utilización incorrecta deste espazo. Despois dun verán intenso e non exento de dificultades no que houbo un incremento no traballo dos diversos servizos, instalouse un peche perimetral que impide o acceso ao interior deste espazo, para que así teña máis osixenación.
Proxecto fonte cibernética Praza Massó
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029