Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CENTRO SOCIAL ACOLLEU ESTE DOMINGO UN EMOTIVO CONCERTO BENÉFICO DE CORAIS
[Benestar Social]
[Do Domingo, 02 de Outubro do 2016 ao Domingo, 02 de Outubro do 2016]
Recepción corales Concello de Bueu
Recepción corales Concello de Bueu
O Concello participou neste acto organizado pola Coral Polifónica de Beluso para recadar víveres para a Axuda Municipal de Alimentos // Actuaron a Coral Polifónica Eumesa, o Coro de Cela e a Coral Polifónica de Beluso
O Concello de Bueu segue na súa aposta de todas as iniciativas solidarias, que teñen como eixo principal a axuda ás persoas que están pasando nestes momentos por dificultades económica por mor da crise na que estamos inmersos. Así, este domingo celebrouse no Centro Social do Mar ás oito da tarde un concerto benéfico de corais, organizado pola Coral Polifónica de Beluso, e na que participaron ademais a Coral Polifónica Eumesa, de Pontedeume, e o Coro de Cela.
O acto, destinado á recollida de víveres para a Axuda Municipal de Alimentos, comezou coa actuación da Coral de Eumesa, quen interpretou “Son as campanas que tocan”, “¡Hay que ver!”, “Step da Step Krugón” , “La golondrina” e “Baixo os arcos da ponte”. Colleu a batuta o Coro de Cela, que se atreveu con “Vuestros amores he, señora”, Dindirín, dindirín”, “O milho da nossa terra”, “Cantarela” e “O merlo”, composta por dous membros do coro. Pechou o acto a coral anfitrioa, con “That lonesome road”, “Compadre Pedro Juan”, “A noite”, “A tu lado” e a zarzuela “Mazurca de las sombrillas”, xénero no que se estreaban.
Ademais, ás 18.30 horas, as corais foron recibidas no Concello de Bueu por Félix Juncal, alcalde da vila, Carlos Eirea, concelleiro de cultura, María José Pérez, concelleira de benestar social, e Fidel Castro, concelleiro de relacións institucionais, os cales lles fixeron entrega dunha pequena figura que representa o faro de Ons, un dos emblemas da nosa vila. Pola súa parte, os representantes da Coral Eumesa quixeron agasallar a Bueu cuns libros da historia do seu pobo e da súa cultura popular.
Félix Juncal, alcalde da vila, destacou a importancia de que se celebren estes eventos que “axudan a solidarizarse cos que están pasando unha situación complexa por mor da crise”.
Concerto Benéfico de Corais
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029