Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PON EN MARCHA A SÚA SEDE ELECTRÓNICA
[Veciños]
[Do Luns, 17 de Outubro do 2016 ao Luns, 17 de Outubro do 2016]
Sede electrónica Concello de Bueu
Sede electrónica Concello de Bueu
Á sede poderase acceder desde a icona que aparece na marxe dereira desta páxina web
O pasado 2 de outubro entrou en vigor a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, na que se regula o dereito da cidadanía a comunicarse e relacionarse coas distintas administracións públicas do Estado español a través de medios telemáticos.
Por iso, no Concello de Bueu vense traballando dende fai xa uns meses na implantación da administración electrónica no ámbito do traballo interno e de configuración de expedientes municipais.
Con todo, e como o obxectivo é tamén introducir á cidadanía nestes cambios, ponse en marcha unha SEDE ELECTRÓNICA, á que se poderá acceder desde unha icona inserida na páxina web municipal (www.concellodebueu.org). Esta sede dará acceso ao portal de transparencia, ao taboleiro de anuncios electrónico, á consulta de expedientes e ofrece a posibilidade de recibir notificacións electrónicas ás que se accederá mediante certificado electrónico.
Co propósito de ir avanzando nestes cambios, ponse en xeral coñecemento da cidadanía este anuncio informativo sobre a implantación da administración electrónica no Concello de Bueu.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029