Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BUEU ESTARÁ PRESENTE EN DÚAS ALFOMBRAS FLORAIS DO VATICANO
[Turismo]
[Do Mércores, 09 de Novembro do 2016 ao Mércores, 09 de Novembro do 2016]
Presentación visita Vaticano
Presentación visita Vaticano
A Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu participará na confección de dúas alfombras no Vaticano este sábado
Seis membros da Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu participarán este sábado na confección de dúas alfombras florais que se van realizar no Vaticano con conmemoración da clausura do Ano da Misericordia. Así, será a única representación da nosa comunidade nesta actividade organizada polo Comité Internacional, e na que estarán presentes cinco delegacións de España, cinco de Italia e unha de Xapón.
“Para nós é toda unha honra participar nestas iniciativas, e máis sendo os únicos de Galicia”, destacou Carmen Santos, presidenta da Asociación, na rolda de prensa celebrada na mañá deste xoves, na que tamén estivo presente a concelleira de turismo, Silvia Carballo. A edil apuntou que esta viaxe supón “un merecido recoñecemento a tanto traballo” e destacou a “promoción da asociación e de Bueu polo mundo enteiro”.
Os seis compoñentes do colectivo bueués chegarán o venres, e xa o sábado cedo recollerán as acreditacións, para comezar en torno ás 13.30 coa confección do tapiz floral, cuxos traballos culminarán en torno ás 20 horas. A forma de traballar será a de intercambio de membros das diversas asociacións participantes, para que así poidan colaborar todos nas dúas alfombras, tanto na que se vai colocar na Praza de San Pedro como na da basílica.
Esta viaxe é a terceira que realizan os membros da asociación este ano para traballar na confección de alfombras florais, nas que demostran o bo facer desta terra e o mellor de si mesmos.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029