Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE PARTICIPOU NO ACTO DE INAUGURACIÓN DO PROGRAMA TEI NO IES JOHÁN CARBALLEIRA
[Ensino]
[Do Mércores, 16 de Novembro do 2016 ao Mércores, 16 de Novembro do 2016]
Acto presentación programa TEI
Acto presentación programa TEI
O acto celebrouse este mércores no auditorio do IES Johán Carballeira, e nel estiveron presentes tamén a directora do centro, a inspectora de educación, e o representante do alumnado e da ANPA
Félix Juncal, alcalde de Bueu, participou na mañá deste mércores, no acto de inauguración do programa TEI (Titoría Entre Iguais) que tivo lugar no IES Johán Carballeira. Nel estiveron presentes máis de sesenta rapaces e rapazas de 3º e 1º da ESO, que serán titores e titorizados, respectivamente, durante o curso actual.
O alcalde quixo salientar a súa satisfacción e orgullo por poder estar presente neste acto co que “se pretende conseguir unha sociedade máis igualitaria”. Juncal aproveitou a ocasión para animar a que este proxecto siga adiante cunhas “ novas xeracións que sodes protagonistas, e agardo que impulsedes o cambio social”. A idea deste proxecto é, pois, “pasar da educación vertical á horizontal, aproveitando as relacións entre iguais”, apuntou.
Neste acto tan emotivo, no que alumnado coñeceu á súa parella de titoría, tamén estiveron presentes Asunción Sóñora, directora do centro, Adoración Delafuente, inspectora de educación, Rafael Oliveira, representante da ANPA, e Juan Santos, representante do alumnado.
Asunción Sóñora destacou que se trata dun proxecto innovador que se pon en marcha por primeira vez este ano, e co que “queremos axudar a desenvolver habilidades sociais que axuden na resolución de problemas”. Esta idea foi apuntada tamén por Adoración Delafuente, quen tamén se mostrou orgullosa de que todos os centros de Bueu teñan implantado este programa, salientando a responsabilidade que isto implica.
O representante da ANPA mostrouse tamén moi satisfeito xa que “a convivencia é un aspecto que nos compete a todos como sociedade”. E o representante dos alumnos/as interviu para expresar que “os cambios se levan mellor ao lado de alguén que xa teña pasado eses cambios”. O acto tamén contou cunha actuación musical a cargo de alumnos/as de segundo de bacharelato, e rematou coa entrega de diplomas e carpetas ás parellas participantes no programa TEI.
Acto presentación programa TEI
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029