Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
UN LIBRO SOBRE A XÉNESE DA VIOLENCIA DE XÉNERO AMBIENTADO EN BUEU
[Igualdade]
[Do Venres, 25 de Novembro do 2016 ao Venres, 25 de Novembro do 2016]
Presentación do libro Por amor a ti, meu fillo
Presentación do libro Por amor a ti, meu fillo
A autora María José Rodríguez presentou a súa primeira novela curta na Biblioteca Municipal Torrente Ballester nun acto multitudinario que pechou a programación do 25N, Día Internacional da Non Violencia Contras as Mulleres
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester acolleu o pasado venres un acto multitudinario, coa presentación da primeira obra de María José Rodríguez, Por amor a ti, meu fillo, unha novela curta publicada pola editorial portuguesa Áncora.
Ante un cento de persoas, a autora residente en Bueu estivo acompañada polo alcalde da vila, Félix Juncal, a concelleira de fomento da igualdade, Ana Isabel Otero e o autor portugués Valdemar Aveiro, en representación de Ancora Editora.
A presentación deste libro inseriuse este ano na programación especial organizada polo Concello de Bueu con motivo da conmemoración do 25 N, Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres. Nel, a autora conta as vivencias dunha muller que coñece ao que semella “o amor da súa vida”, e que remata por ser a persoa á que máis odia. A xénese e radiografía da violencia de xénero e das emocións que embargan as vidas de milleiros de mulleres é o tema desta obra que se define como unha pasaxe polas emocións. Ademais, e segundo destacou María José Rodríguez na presentación, “esta novela está ambientada en Bueu, esta terra e este mar que inspiraron as miñas verbas”. Non é gratuíto que aparezan entón moitas referencias explícitas a lugares desta vila na que reside dende xa fai varios anos a autora.
Con emoción, Félix Juncal aproveitou para destacar a importancia destes actos para axudar á eliminación da que é “a maior lacra social do noso tempo”. O alcalde de Bueu volveu insistir na importancia de puxar polo cambio desde abaixo, desde as novas xeracións. Pola súa banda, a concelleira de igualdade, deu lectura ao prólogo da novela, elaborado pola directora do CIM de Bueu, Montserrat González, quen non puido estar no evento por motivos de saúde. Este prólogo fala, entre outras cuestións, do moito que aínda queda por traballar na igualdade entre sexos e na sensibilidade. Nel escríbese que “por iso é tan difícil de tomar a decisión de desfacer o núcleo familiar e, cando a calamidade entra pola porta, as mulleres se senten, de súpeto, as protagonistas involuntarias dunha traxedia para a que non están preparadas”.

Na ligazón de abaixo podedes ver un vídeo resumo do acto de presentación.
Presentación do libro Por amor a ti, meu fillo
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029