Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Igualdade
Voltar
UNHA REFLEXIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE A INFANCIA E POR MEDIOS AUDIOVISUAIS
[Igualdade]
[Do Venres, 02 de Decembro do 2016 ao Venres, 02 de Decembro do 2016]
Presentación proxecto Expresarte
Presentación proxecto Expresarte
O proxecto ExpresArte! deseñado polo CIM estase levando a cabo entre o alumnado de 5º e 6º e da ESO dos centros educativos da vila // O obxectivo é reflexionar sobre a igualdade de oportunidades e o que significa a violencia de xénero
A reflexión sobre a violencia de xénero debe darse desde as xeracións máis novas e por iso o alumnado de 5º e 6º e da ESO dos centros educativos de Bueu se atopan inmersos no proceso de elaboración de materiais audiovisuais destinados á difusión sobre a non violencia de xénero contra as mulleres. Desde o CIM destacan precisamente esta ferramenta xa que permite a reflexión desde medios dinámicos.
O proxecto, baixo o nome de “ExpresArte!”, está deseñado desde o Centro de Información ás Mulleres de Bueu a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra, e ten como obxectivos o achegamento á temática da igualdade de oportunidades, promover a adquisición de valores ligados á sensibilización, fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para que a mocidade se implique na creación de propostas de educación e igualdade e o desenvolvemento de materiais audiovisuais que promovan a sensibilización contra a violencia de xénero.
Ramón Torrente é o encargado de levar a cabo esta iniciativa, que consta de varias fases, a desenvolver entre o pasado outubro e o vindeiro mes de marzo, cando serán presentados publicamente os traballos realizados. Nestes momentos, os participantes atópanse en fase de elaboración do guión ata o 16 de decembro, para dar comezo ao período de rodaxe do 18 ao 20 de xaneiro.
A través de múltiples propostas (curtametraxes, spots, videoclips, mini documentais), os máis mozos e mozas terán a posibilidade de reflexionar sobre a violencia de xénero e sobre o que esta lacra supón nas nosas sociedades.

PARTICIPANTES POR CENTRO EDUCATIVO

CEIP A PEDRA (43 alumnas e 44 alumnos)

CEIP A TORRE - CELA (11 alumnas e 15 alumnos)

CPR VIRXE MILAGROSA (72 alumnas e 79 alumnos)

CEIP MONTEMOGOS (11 alumnas e 15 alumnos)

IES ILLA DE ONS (54 alumnas e 82 alumnos)

IES JOHAN CARBALLEIRA (59 alumnas e 74 alumnos)

Presentación proxecto Expresarte
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029