Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN OBRADOIRO DE LARPEIRADAS PARA COMPARTIR ENTRE XERACIÓNS
[Benestar Social]
[Do Luns, 05 de Decembro do 2016 ao Luns, 05 de Decembro do 2016]
Cartel Tecendo lazos
Cartel Tecendo lazos
A actividade terá lugar no primeiro andar da Praza de Abastos varios días de decembro // As inscricións deben realizarse no Departamento de Benestar Social
O Concello de Bueu abre hoxe o prazo de inscrición para a actividade “Larpeiradas da terra” enmarcado dentro do programa “Tecendo lazos” da Deputación Provincial de Pontevedra. Nesta actividade nais e pais, avós e avoas e nenas e nenos prepararán deliciosos prazos xuntos e ao mesmo tempo divertiranse probando a ser xefes e xefas de cociña da familia. A actividade desenvolverase os días 22,23 e 26 de decembro en horario de 11 a 13 horas, e os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de 10.30 a 13.00 horas, no 1º andar da Praza de Abastos.
A actividade terá un custe de 3 euros, destinado a mercar o material para elaborar os doces e haberá que realizar unha inscrición previa no Departamento de Benestar Social. As nenas e nenos menores de 13 anos deberán acudir acompañados dun adulto.
O programa “Tecendo lazos”, posto en marcha por primeira vez desde a Deputación de Pontevedra, ten como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizace e o intercambio recíproco de recursos, ideas e beneficios individuais, familiares e comunitarios que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029