Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO 2017
[Benestar Social]
[Do Xoves, 15 de Decembro do 2016 ao Xoves, 15 de Decembro do 2016]
As persoas interesadas en participar poderán presentar a solicitude no Departamento de Benestar Social
Xa está aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo do Imserso no ano 2017.

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 13 de xaneiro de 2017
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 12 de maio de 2017.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2017.

Lugar de presentación:

Departamento de Benestar Social
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029