Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO PRESENTA A X CAMPAÑA DE EDUCACIÓN NON SEXISTA
[Igualdade]
[Do Luns, 19 de Decembro do 2016 ao Luns, 19 de Decembro do 2016]
Imaxe calendario X Campaña de Educación Non Sexista
Imaxe calendario X Campaña de Educación Non Sexista
O acto de entrega de calendarios coa imaxe da campaña celebrouse este luns no CEIP A Pedra de Bueu
O CEIP de A Pedra acolleu no mediodía deste luns a presentación da X Campaña de Educación Non Sexista, na que estiveron presentes Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, María Teresa López, concelleira de educación, e Beatriz Monroy, psicóloga do Centro de Información as Mulleres (CIM). A presentación consistiu na entrega dos calendarios confeccionados coa imaxe gañadora do certame “A igualdade no traballo” convocado con motivo do 8 de marzo, no que Salvador Santos Piñeiro, de 6º de primaria, resultou gañador cun debuxo no que se pode ver a homes e a mulleres desempeñando todo tipo de traballos.
A concelleira de igualdade destacou no acto a colaboración dos centros educativos e do profesora, ademais dos alumnos e alumnas, que reflexionan sobre o que simboliza a igualdade entre homes e mulleres e o camiño que hai que percorrer para lograla. No mesmo sentido falou a edil de educación, que reiterou o papel que xoga a formación para lograr acabar con esta lacra social.
O deseño do alumno Salvador Santos foi elixido polo xurado o pasado 8 de marzo para formar parte do calendario que preside a X Campaña de Educación Non Sexista. A este certame concorreron un total de 236 viñetas das cales se entregaron tres primeiros premios: Brais Pastoriza Garrido alumno naquel momento de 1º da ESO do CPR Virxe Milagrosa, para Noa Fernández Regueira, de 1º da ESO do IES Johán Carballeira, e para Inés Brión Martínez, de 6º de primaria do CEIP A Pedra. Ademais, houbo nove mencións especiais para Rocío Novas Santaclara, Iria Rodríguez Iglesias, Salvador Santos Piñeiro, Gisela Pérez Porto, Jairo Martínez Ferradás, Marta Vidal Entenza, Paula Castro Castro, María Goberna Sanmartín e Lidia Durán Malvido.
Acto presentación X Campaña de Educación Non Sexista
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029