Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINAN UN CONVENIO PARA O SENDEIRO AZUL DE CABO UDRA
[Turismo]
[Do Luns, 19 de Decembro do 2016 ao Luns, 19 de Decembro do 2016]
Carmela Silva e Félix Juncal asinan o convenio de Cabo Udra
Carmela Silva e Félix Juncal asinan o convenio de Cabo Udra
No marco deste convenio, a Deputación de Pontevedra achegará 8.800 euros, e o Concello de Bueu, 2.200 euros para o mantemento do sendeiro de Cabo Udra
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este luns o convenio mediante o cal ambas entidades achegarán preto de 11.000 euros para difusión, promoción, conservación e sostemento do sendeiro azul de Cabo Udra. En concreto, a institución provincial destinará 8.800 euros e o Concelo de Bueu, 2.200 euros para estas actuacións.
O obxectivo do convenio asinado é impulsar as infraestruturas e servizos, conservar o patrimonio natural, sinalizar o sendeiro, instalar elementos interpretativos e mobiliario e realizar tarefas de mantemento da ruta de Cabo Udra.
Os sendeiros azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que unen praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral así como ó goce da natureza e á promoción da saúde e benestar. Tal e como manifestou Carmela Silva, "a provincia de Pontevedra é a que conta con máis sendeiros azuis de España, 11 en total, situados nos concellos de Baiona, Bueu, Cangas, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Nigrán, Ponte Caldelas e Vigo". Por este motivo consideran fundamental impulsar e promover o desenvolvemento sostible destas rutas mediante a xestión integrada que permita poñer en valor os recursos naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o patrimonio litoral da provincia".
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029