Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PAVIMENTA O CAMIÑO ENTRE O ENLEITO E SANTA CRUZ
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 20 de Decembro do 2016 ao Martes, 20 de Decembro do 2016]
Pavimentación Camiño Enleito-Santa Cruz
Pavimentación Camiño Enleito-Santa Cruz
A actuación consiste na substitución de tubaxes da rede de abastecemento de augas e a pavimentación dun tramo de arredor de 150 metros de longo
O Concello de Bueu está inmerso nas obras de pavimentación no camiño que vai entre Enleito e Santa Cruz, unha franxa de arredor de 150 metros de longo, e no que se está levando a cabo unha actuación integral, que consta ademais do formigón armado, da substitución da rede de abastecemento no lugar. Esta mañá, o alcalde e o concelleiro de obras e servizos dirixíronse ao lugar para ver o avance das obras, momento no que Félix Juncal destacou que “se trata dunha actuación coa que queda lista unha zona na que se producían a cotío avarías relacionadas coa rede de abastecemento”.
Debido a que o camiño se atopaba nunha situación de deterioro moi importante, o Concello levou a cabo esta actuación que se completará con outro pequeno tramo na parte de arriba, no que tamén se van cambiar as tubaxes e pavimentar.
A previsión do goberno municipal é que o xoves poida estar rematada a obra, que supuxo unha actuación semellante á culminada fai dúas semanas na zona das Meáns.
Visita do alcalde e do concelleiro de obras ao lugar
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029