Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A PRAZA DE ABASTOS ACOLLEU ESTE VENRES A CLAUSURA DO OBRADOIRO LARPEIRADAS DA TERRA
[Mocidade]
[Do Venres, 30 de Decembro do 2016 ao Venres, 30 de Decembro do 2016]
Clausura obradoiro Larpeiradas da terra
Clausura obradoiro Larpeiradas da terra
A concelleira de infancia e mocidade, Inmaculada Rodríguez, foi a encargada de repartir uns diplomas aos participantes neste curso organizado no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra
A concelleira de mocidade e infancia, Inmaculada Rodríguez Dias, clausurou esta mañá o obradoiro “Larpeiradas da terra” que se desenvolveu todas as mañás dende o 22 de decembro e no que pais, nais, avós e avoas, nenos e nenas prepararon deliciosos pratos doces xuntos ao tempo que compartiron experiencias entre xeracións. Os participantes recolleron os seus diplomas, que acreditan que completaron con éxito un curso no que se tratou a prevención na manipulación de alimentos, a recompilación e posta en común de receitas de doces e sobremesas típicos galegos, a elaboración de receitas de doces galegos, e por último, un módulo sobre a historia do Concello, na que completaron un mural con fotos do que é Bueu.
Esta actividade púxose en marcha desde o Concello de Bueu no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, que tiña como finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro. Con esta actuación preténdese sensibilizar na promoción do apoio social, a aprendizaxe e o intercambio recíproco de recursos, ideas e beneficios individuais, familiares e comunitarios que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Máis fotos dos obradoiros na páxina de Facebook do Concello, á que podedes acceder dende a ligazón de abaixo.

ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029