Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Medio Ambiente
Voltar
O CONCELLO COLOCARÁ LUMINARIAS DE BAIXO CONSUMO NO PARQUE DE CASTIÑEIRAS E NO CASCO URBANO
[Medio Ambiente]
[Do Mércores, 04 de Xaneiro do 2017 ao Mércores, 04 de Xaneiro do 2017]
Cambio luminarias Pavillón Pablo Herbello
Cambio luminarias Pavillón Pablo Herbello
As empresas interesadas no subministro deben achegar a documentación no prazo de quince días hábiles a contar desde a publicación no BOPPO // Este proxecto está subvencionado integramente polo Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra
O Concello de Bueu vén de publicar no Perfil do Contratante a licitación para a subministración de luminarias no casco urbano e no parque industrial de Castiñeiras, con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, e cun importe de 59905,79 €, IVE incluído. Como o anuncio saíu tamén este mércores no Boletín Oficial da Provincia, as empresas que desexen participar no procedemento selectivo terán un prazo de quince días naturais.
Este proxecto insírese no Plan de Eficiencia Enerxética que o Concello de Bueu está levando a cabo en diferentes espazos do municipio. A idea é que con este subministro, se poidan instalar ata 201 luminarias de maior eficiencia enerxética que substituirían as actuais, que son de alta presión de sodio (HPS), o que implica un alto consumo.
Segundo o informe técnico, con esta actuación preténdense reducir as emisións contaminantes, aumentar a capacidade lumínica das luminarias, e diminuír o gasto enerxético, nunha proporción entre o 42 e o 70% segundo as circunstancias.
Con esta medida, o Concello cumpre un dos principais problemas que tiñan no parque empresarial, onde a iluminación era escasa nalgunhas zonas. Así o expuxeron os representantes de AEPICAS (Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras) nunha reunión mantida co alcalde da vila, Félix Juncal, o pasado ano, e tras a que o rexedor informou de que eses problemas se verían resoltos con este subministro de luminarias de baixo consumo.

ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029