Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A MANCOMUNIDADE DO MORRAZO DESENVOLVERÁ UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL
[Medio Ambiente]
[Do Venres, 13 de Xaneiro do 2017 ao Venres, 13 de Xaneiro do 2017]
Reunión na sala de xuntas do Concello de Bueu
Reunión na sala de xuntas do Concello de Bueu
As liñas básicas serán a difusión polas redes sociais e web, as campaña nas rúas, a compostaxe comunitaria e doméstica e a implicación da comunidade educativa
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo desenvolverá este ano unha campaña de concienciación sobre a reciclaxe nos municipios de Bueu, Cangas e Moaña. Así o acordaron os representantes dos gobernos dos tres concellos na reunión que mantiveron na mañá deste venres co xerente da concesionaria do servizo do lixo, e a Asociación Amigos da Terra, redactora do proxecto.
Segundo expuxeron as representantes desta asociación con máis de dezanove anos de experiencia neste eido, o obxectivo da campaña é aumentar un 20% as porcentaxes de reciclaxe dos residuos orgánicos e de envases para 2020, para dar cumprimento aos obxectivos da Directiva Marco de Residuos. Para iso levaranse a cabo unhas liñas de traballo que teñen como punteiro base a comunicación e difusión nas redes sociais e nunha web do proxecto, na que se ofrecerá asesoramento e solución de problemas en liña, dando un papel activo á cidadanía.
Ademais levaranse a cabo accións de rúa, mediante entrevistas a persoas de a pé nas que conten a súa experiencia coa reciclaxe, aproveitando sobre todo as efemérides ambientais.
Para levar a cabo esta redución de residuos é preciso que se diminúa a cantidade de resto orgánico, que se consegue coa compostaxe, área na que tamén se incidiría con esta campaña. Así, organizaríanse programas de compostaxe doméstica e comunitaria e se traballaría na modificación e/ou ordenanzas municipais a favor . Este aspecto veríase fondamente influído pola interacción coa comunidade educativa, á que se lle facilitarían proxectos para traballar co alumnado neste campo.
No encontro estiveron Félix Juncal, alcalde de Bueu e presidente de quenda da Mancomunidade, Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos de Bueu, Odilo Barreiro, edil de medio ambiente en Moaña, Marta Freire, concelleira de obras e servizos no municipio moañés, e Mercedes Giráldez, concelleira de obras e servizos de Cangas, ademais de representantes da asociación e da concesionaria do servizo do lixo.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029