Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE DE BUEU VISITOU HOXE AS OBRAS DE ASFALTADO DO CAMIÑO DA SOBREIRA
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 17 de Xaneiro do 2017 ao Martes, 17 de Xaneiro do 2017]
Visita do alcalde e concelleiros ao lugar das obras
Visita do alcalde e concelleiros ao lugar das obras
A obra tamén solucionará os anegamentos de fincas, mediante a instalación dunha tubaxe para pluviais
O coñecido como Camiño da Sobreira, situado entre o núcleo urbano de Beluso e A Roza, está sendo asfaltado estes días nunha actuación financiada polo Concello de Bueu e que supón o arranxo con capa de triple rego, un tratamento moi adecuado para camiños rurais semellante ao asfalto que é moi perdurable no tempo.
A actuación está valorada en 15.000 euros e está sendo realizada pola empresa Marconsa, cunha distancia de 350 metros, na que tamén se solucionará o problema das inxentes cantidades de auga que proveñen da cima da ladeira e que veñen anegando continuamente as fincas veciñais.
No lugar das obras, que se rematarán nesta semana, estiveron hoxe Félix Juncal, alcalde da vila, Fidel Castro, edil de obras e servizos, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo.
Asfaltado Camiño da Sobreira
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029