Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
PROXECTOS EDUCATIVOS DE REFLEXIÓN SOBRE A IGUALDADE
[Igualdade]
[Do Xoves, 19 de Xaneiro do 2017 ao Xoves, 19 de Xaneiro do 2017]
Rodaxe proxectos ExpresArte!
Rodaxe proxectos ExpresArte!
O alumnado dos centros de Bueu atópase inmerso esta semana na rodaxe dos seus vídeos no marco do proxecto ExpresArte!, nos que reflexionan sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero
O alumnado dos centros educativos de Bueu atópase inmerso estes días no período de rodaxe dos proxectos ideados no marco de ExpresArte!, unha actividade organizada polo Centro de Información ás Mulleres, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.
Así, baixo a coordinación de Ramón Torrente García, axente de igualdade de oportunidades, durante esta semana e ata o martes 24, os alumnos e alumnas participantes están gravando vídeos, spots publicitarios, curtametraxes, minidocumentais nos que reflexionan sobre a igualdade de oportunidades, a adquisición de valores ligados á sensibilización, ao fomento de dinámicas plenamente participativas sobre a creación de propostas de educación e igualdade.
En total, do CEIP A Pedra participan 43 alumnas e 44 alumnos, no CEIP A Torre –Cela, 11 alumnas e 15 alumnos, no CPR Virxe Milagrosa, 72 alumnas e 79 alumnos, no CEIP Montemogos, 11 alumnas e 15 alumnos, no IES Illa de Ons, 54 alumnas e 82 alumnos, e no IES Johán Carballeira, 59 alumnas e 74 alumnos.
A finalidade é fomentar a reflexión e a capacidade crítica sobre a igualdade e a violencia ás mulleres, e como facer cambiar á sociedade axudándose das novas tecnoloxías.
Rodaxe proxectos ExpresArte!
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029