Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O ALCALDE DE BUEU PARTICIPA NUN ACTO POLA SANIDADE PÚBLICA NA DEFENSA DE MONTECELO
[Sanidade]
[Do Xoves, 19 de Xaneiro do 2017 ao Xoves, 19 de Xaneiro do 2017]
Acto Sanidade Pública
Acto Sanidade Pública
O acto foi convocado pola Plataforma Sos Sanidade Pública en relación co orzamento da Xunta destinado á ampliación do hospital de Montecelo // Nel estiveron presentes outros alcaldes da zona norte de Pontevedra
O local da Asociación de Veciños Castelao, en Pontevedra, acolleu esta mañá unha rolda de prensa dos alcaldes da zona norte de Pontevedra e de grupos municipais, ademais da Plataforma Sos Sanidade Pública, que leva loitando polos intereses sanitarios nove anos.
O acto tiña como obxectivo “non baixar a garda” e seguir loitando para que a ampliación do hospital de Montecelo sexa unha realidade. Isto vén despois de que a Xunta de Galicia anunciase para este ano un orzamento de algo máis de un millón de euros para o comezo destas obras, o que segundo a plataforma “é insuficiente”.
Os rexedores dos municipios de Pontevedra, Barro, Vilaboa, Caldas, Pontecaldelas e Bueu insistiron na urxencia para que os trámites da ampliación deste hospital tan demandado se axilicen. Alí, Félix Juncal, alcalde de Bueu, transmitiu o “recoñecemento á Plataforma Sos Sanidade, por levar esta mecha prendida durante tantos anos e conseguir que a cidadanía se mobilizase a favor da ampliación de Montecelo”. Neste sentido, Juncal mostrouse satisfeito pola convocatoria deste acto, “que pon os intereses da cidadanía por enriba dos partidos”.
Félix Juncal no acto
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029