Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O PROGRAMA VIOLENCIA ZERO IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RECALARÁ TAMÉN EN BUEU
[Igualdade]
[Do Venres, 20 de Xaneiro do 2017 ao Venres, 20 de Xaneiro do 2017]
Reunión sobre Violencia Zero no CIM de Bueu
Reunión sobre Violencia Zero no CIM de Bueu
A concelleira de igualdade e as técnicas do CIM mantiveron esta mañá un encontro coa xefa do servizo de igualdade da Deputación // A artista Casilda Alfaro será a encargada de realizar unha acción de reflexión contra a violencia de xénero en abril
O programa Violencia Zero, que se está levando a cabo neste ano pola Deputación de Pontevedra nos diversos concellos da provincia recalará en abril na vila de Bueu. Así o anunciou hoxe a Xefa do Servizo de Igualdade da Deputación, Lucía Muradas, na reunión que mantivo coas responsables do Centro de Información ás Mulleres de Bueu e coa concelleira delegada de igualdade, Ana Isabel Otero.
No encontro presentouse o proxecto “Mulleres en acción: violencia zero”, que busca dar a coñecer a voz de mulleres artistas, que contribúen á concienciación sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero. Vinte e cinco concellos da contorna son os elixidos para acoller estas accións artísticas nas diversas modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffitti ou performance). No caso de Bueu a acción terá lugar no mes de abril, nunha data aínda por concretar, e contará coa participación de Casilda Alfaro, recoñecida actriz galega que ten participado en series e obras de teatro exitosas, caso de “Libro de familia” ou “Os vellos non deben de namorarse”.
Outras artistas que participan neste proxecto son Sax, Odette Fajardo, Lucía Aldao, Uxía Morán, Yolanda Castaño, Fabiola Mecías, Permodus, Sylvia Peceño, Sandra Bejarano, Nana, Marta Cuba, Iria a de Constanza, Lara Buyo e Ana Corujo. Alba Blanco, Ana Arregui, Iria Sobrado, María Roja, Dores Tembrás, Paula Quintas, Basilisa Fiestras, María Lado, Begoña Cuquejo, Amaya González e María Marticorena.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029