Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU RECUPERA ESTE ANO O CERTAME DE RELATOS DE MULLER MATILDE BARES
[Igualdade]
[Do Mércores, 25 de Xaneiro do 2017 ao Mércores, 25 de Xaneiro do 2017]
Foto dos autores/as gañadores das cinco primeiras edicións
Foto dos autores/as gañadores das cinco primeiras edicións
O concurso iniciouse no 2005 como unha homenaxe á mestra bueuesa Matilde Bares e supón unha estratexia para reflexionar sobre a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero
A concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero Pastoriza, anuncia que este ano se recuperará o certame de relatos de muller na honra de Matilde Bares, que se convocou por vez primeira no 2005 con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e que tivo que frearse provisoriamente en 2011.
O concurso reuniu ao longo de seis anos a moitos escritores/as que reflexionaron a través dos seus relatos sobre o tratamento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais, e a violencia de xénero.
Este certame, que está dotado con 1500 euros ademais da edición en formato libro, pretende render homenaxe a Matilde Bares, mestra de labor recoñecida que se esmerou na preparación de ata tres xeracións en Bueu, ademais de ser organizadora de actividades culturais e grupos de teatro. En 1898 daba clases na escola privada da Banda do Río, e o 11 de novembro do 1932 realizóuselle unha homenaxe coa colocación dunha placa conmemorativa na que foi a súa casa en Eduardo Vincenti, 41, e que pon “Os fillos de Bueu en América a Matilde Bares”. Unha homenaxe que foi auspiciada polos emigrantes arxentinos en agradecemento pola súa labor, xa que a moitos deles ensinoulles a ler e a facer contas antes de partir a Arxentina.
Nos seus inicios este concurso erixiuse como unha referencia no sector literarios, e ten premiado a varias persoas destacables no campo da cultura. Na primeira edición a gañadora foi Rosa María Martínez Dios co relato “Dúas cunchas”; seguidamente, Xurso Sierra Veloso, con “As dúbidas de María”; Xosé Alfredo Naz Fernández, con “Círculo”, Serafín Parcero Pérez, con “Ollos de cinsa”; María del Carmen Caramés Gorgal, con “Días de namorar” e Alexandre Alonso Alonso con “Xénero imperfecto”.
Tras a quinta edición do premio, o Concello de Bueu publicou un volume especial, titulado “Póker de dramas”, no que se recollían os relatos gañadores da cinco primeiras convocatorias.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029