Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
DOCE NOVAS RUTAS GUIADAS PARA COÑECER O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
[Medio Ambiente]
[Do Luns, 30 de Xaneiro do 2017 ao Luns, 30 de Xaneiro do 2017]
Rutas guiadas Parque Nacional Illas Atlánticas
Rutas guiadas Parque Nacional Illas Atlánticas
O prazo de inscrición comeza o 1 de febreiro e estará aberto ata catro días antes de cada ruta
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza 12 rutas guiadas para coñecer os valores dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Para iso, ofreceranse rutas diferenciadas para dous tipos de público: unhas destinadas a adultos e outras para público infantil e familias. Nas de público infantil as temáticas, metodoloxías e actividades estarán adaptadas aos rapaces (sempre nenos e nenas menores de 12 anos) e as outras estarán pensadas para un público xeral (ás que tamén poderán asistir rapaces maiores de 12 anos). Os menores sempre deben ir acompañados dun adulto.

Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido.

A primeira visita do mes de febreiro será o día 18, a Ons, e a actividade leva por título “Unha illa de nomes”. Así, durante o percorrido, porase de relevo a riqueza inmaterial que supón a toponimia en Galicia e, en concreto, na illa de Ons. A seguinte visita será a Cíes e a proposta son dúas rutas, unha para adultos e outra para familias. Desenvolveranse o domingo 12 de febreiro e o luns 10 de abril e a idea é facer un percorrido histórico, paisaxístico e ambiental pola illa. Os días 4, 16 e 18 de marzo visitarase Sálvora cunha proposta semellante de percorrido histórico e natural. Por último, resérvanse as datas do 5, 9, 23 e 25 de marzo e 12 de abril para Cortegada coa que se pretende facer unha incursión nos segredos dun “bosque no mar”. En Cortegada, concretamente o 12 de abril, tamén está prevista unha visita para familias.

O prazo de inscrición comeza o mércores 1 de febreiro estará aberto ata catro días antes da realización de cada ruta.

Solicitudes
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. O enlace web é www.reservasparquesnacionales.es. No apartado específico do PN Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas para cada unha das rutas. Cada persoa poderá reservar e participar nunha soa ruta. Habilitarase tamén unha listaxe de agarda, coa que cubrir posibles baixas.

Tamén se poderá cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (Rúa Oliva 3, Vigo).

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.

No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva como máximo o mércores anterior a cada ruta, co fin de dispoñer da praza para outras persoas interesadas.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029