Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Ensino
Voltar
O ALCALDE DE BUEU PARTICIPOU HOXE NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ
[Ensino]
[Do Luns, 30 de Xaneiro do 2017 ao Luns, 30 de Xaneiro do 2017]
Celebración Día das Apertas IES Johán Carballeira
Celebración Día das Apertas IES Johán Carballeira
Os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Johán Carballeira regalaron globos a cambio de abrazos, e no CEIP A Pedra entregáronse os diplomas para o programa TEI
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de educación, María Teresa López, asistiron hoxe aos actos de celebración do Día Escolar da Paz. Así, ás 12.30 horas recibiron no salón de plenos do Concello aos alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Johán Carballeira, que presentaron a iniciativa “Día das Apertas”, consistente en repartir abrazos a cambio de globos con mensaxes de paz. No seu percorrido estiveron na Escola Infantil Galiña Azul, na Escola infantil de A Pedra, nos Centros de Día e Pescadoira e Contigo, na Praza de Abastos e, por último no Concello. Tal e como comentaron os alumnos/as, a iniciativa foi acollida de diferentes formas pola cidadanía, pero consideran que foi unha actividade moi orixinal e necesaria.
A continuación, o alcalde e a concelleira tamén asistiron ao CEIP A Pedra para participar nos actos de celebración deste día, no que tamén se entregaron os diplomas para os alumnos e alumnas de 5º de primaria que participan no programa de Titoría Entre Iguais (TEI). Este programa consiste en titorizar a nenos e nenas de 3º de primaria coa finalidade de que se resolvan conflitos e situacións difíciles no centro.

Celebración no CEIP A Pedra
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029