Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
O ALCALDE DE BUEU VISITA XUNTO AO DEPUTADO DE ECONOMÍA OS ÚLTIMOS ASFALTADOS DO PLAN CONCELLOS 2016
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 07 de Febreiro do 2017 ao Martes, 07 de Febreiro do 2017]
Visita ás obras de pavimentación de As Meáns
Visita ás obras de pavimentación de As Meáns
Carlos López trasladouse este martes ao municipio para ver a pavimentación dos camiños de As Meáns, obra acometida con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, xunto a outros asfaltados
O Alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, visitaron hoxe as últimas obras de pavimentación realizadas no municipio con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación, que se acometeron en outubro cun orzamento de 31.339 euros. Neste sentido, Juncal valorou positivamente este Plan, “que permitiu que se realizasen as obras concretas segundo as necesidades”.
Os camiños que se arranxaron foron os de A Morada, en Meiro, Sar – Cela, Couto e As Meáns e incluíron a limpeza e asfaltado, o que permitiu poñer solución ao mal estado no que se atopaban estes catro viais.
Concretamente no da zona de As Meáns, na que estiveron hoxe o alcalde e o deputado xunto ao arquitecto técnico municipal, mellorouse a colocación dalgún sumidoiro adicional, e a substitución da tubaxe de abastecemento de auga. A existente era de fibrocemento e ocasionaba frecuentes avarías, motivo polo cal se cambiou por unha nova de polietileno.
A través destes arranxos e asfaltados que se están levando a cabo nos viais municipais, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, lembrou “a permanente preocupación deste goberno por restablecer os servizos básicos no municipio”. Por iso, xa anunciou que de cara este ano se está realizando un proxecto Tamén de cara ao vindeiro ano nun proxecto para seguir mellorando o entorno rural, a través de actuacións de pavimentación, que irán con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación: Meiro-Outeiro, Camiño do núcleo urbano de Vila (Beluso), rúa Ramal dos Galos e último tramo do Camiño Sar - Cela.
Visita ás obras de pavimentación de As Meáns
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029