Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO PARA O ACONDICIONAMENTO DO LOCAL DESTINADO A SERVIZOS MUNICIPAIS
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 08 de Febreiro do 2017 ao Mércores, 08 de Febreiro do 2017]
Estado actual do local de oficinas
Estado actual do local de oficinas
O orzamento de licitación é de 26.428,35 € e o prazo de presentación de ofertas é de oito días naturais // O local de oficinas destinarase á re colocación dos servizos de Benestar Social e Igualdade
O Concello de Bueu abre o prazo para a presentación de ofertas para o acondicionamento de local destinado á re localización dos servizos municipais de Benestar Social e Igualdade. O anuncio foi publicado esta mañá na Plataforma de Contratación do Estado (con acceso desde a web municipal) e as ofertas poderanse presentar durante oito días naturais.
O orzamento de licitación é de 26.428,35 €, IVE incluído, e no proxecto técnico do Concello barállase un programa de necesidades consistente na redistribución dos espazos interiores do inmoble para a súa adaptación ao seu novo uso mediante tabiques de escaiola e todas as accións precisas para mellorar a súa imaxe; así como a adaptación da instalación eléctrica á nova distribución, e a reparación e posta en funcionamento da caldeira.
Este local da rúa Eduardo Vincenti, pertencente a Abanca, xa se adxudicou na sesión plenaria do mes de marzo do pasado 2016 por un importe de alugueiro de 605 euros, con IVE, por un prazo de cinco anos. As características que tivo que cumprir son varias: estar dentro do casco urbano de Bueu, con acceso directo dende a rúa e na planta baixa, cunha distancia máxima da Casa do Concello de 200 metros, e cunha superficie mínima de 200 metros cadrados.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029