Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UNHA RUTA DAS TAPAS E CÓCTELES DE INVERNO ENTRE O 16 E O 19 DE FEBREIRO
[Turismo]
[Do Venres, 10 de Febreiro do 2017 ao Venres, 10 de Febreiro do 2017]
Presentación da Ruta das Tapas e Cócteles de Inverno
Presentación da Ruta das Tapas e Cócteles de Inverno
En total participan vinte e un locais, sumando as categorías de tapas e cócteles, novidade desta edición // O obxectivo é dinamizar a hostalaría local nunha época máis ben frouxa
O Concello de Bueu organiza unha nova edición da Ruta das Tapas, á que este ano se engade a categoría de cócteles para dar a posibilidade de que tanto restaurantes como bares e cafeterías poidan participar. A ruta celebrarase do 16 ao 19 de febreiro, en horario de 12 a 13.30 e de 20.00 a 22.00 horas, con posibilidade de horario estendido nalgúns locais.
A concelleira de turismo e promoción económica, Silvia Carballo, mostrouse satisfeita polo gran interese que mostrou a hostalaría neste evento que busca fomentar a actividade hoteleira nunha época frouxa, tal e como declarou esta mañá durante a rolda de prensa celebrada no salón de plenos do Concello e na que estivo acompañada de algúns representantes da hostalaría local.
Tras o acordado cos locais participantes nas reunións previas, decidiuse que a temática será libre aínda que terá como denominador común o inverno. O custe da tapa é de 2,00 euros, e no caso dos cócteles, haberá dúas categorías: de 3,00 euros para os de sen alcohol, e de 4,00 euros para os que conteñen alcohol. Esta diferenciación faise para dar posibilidade de que todas as persoas poidan probar estas bebidas. Os locais que participan na ruta das tapas, con propostas moi variadas e orixinais, son: A Cepa (“Atún marinado con ensalada de gulas”), Aturuxo (“Tosta de salmón con salsa de Aneto”), cafetería do Centro Social do Mar (“O Entroido”), Chilau (“Ons no Chilau”), A Centoleira (“Mexillón de inverno”), La Perfecta (“Tortilla imperfecta”), Noite Tapas (“Lacón & Grelos”), O Buche (“Da terra”), O Farol (“Tempura boreal”), O Muíño (“Ovos á cazola O Muíño”), O Pazo (“Culum de presa ibérica”), Planta Baja (“Atake ao gnomo”), Casa Quintela (“Brioche, zorza e ovo de codorniz”), Rosalinda (“Capuccino de fungos”) e restaurante Loureiro (“Loureiro”).
Por outra banda, na ruta de cócteles van participar un total de doce establecementos, que se suman con dous tipos de cócteles, con e sen alcohol. É o caso do Aturuxo que presenta o “Conta atrás” (con alcohol) e o “Unicornio” (sen alcohol), o Chilau con “Ciao Chilau” (con alcohol), o Planta Baja con “Power” (con alcohol) e “Roca” (sen alcohol), Casa Quintela con “Bueu Sunset” (en versión con e sen alcohol), Rosalinda con “Sex on the Ons” (con alcohol), o Black Rose con “Blue Sea” (con alcohol), El Balcón con “The bubbing cham” (con alcohol) e “Challenge” (sen alcohol), El Refugio con “Paraíso” (con alcohol) e “Fantasía” (sen alcohol), Cafetería Jardín con “Cocktail caffé Jardín” (con alcohol), Magic, con “Vermú Ruso” (con alcohol) e “Inverno no trópico” (sen alcohol) e Leña verde con “Da Leña Verde” (con alcohol) e “Ambrosia” (sen alcohol).
Estas rutas de tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Así, a última edición da ruta tivo lugar o pasado mes de setembro, coa colaboración do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Nela os participantes puideron degustar diferentes tapas con nome de película, nun total de trece locais bueueses.

As imaxes das tapas e cócteles estarán dispoñibles na páxina de Facebook do Concello de Bueu.
Cartel Ruta das Tapas e Cócteles
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029