Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO ABRE A LICITACIÓN PARA A REFORMA DA NAVE DE PESCADOIRA E DO PAVILLÓN MUNICIPAL
[Obras e Servizos]
[Do Martes, 14 de Febreiro do 2017 ao Martes, 21 de Febreiro do 2017]
Panorámica da nave de deportes náuticos de Pescadoira
Panorámica da nave de deportes náuticos de Pescadoira
O prazo de ofertas é de oito días naturais, polo que estará aberto ata o 21 de febreiro
O Concello de Bueu abre o prazo para a presentación de ofertas para acometer as obras da reforma da fachada da nave de deportes náuticos de Pescadoira e a adecuación interior do Pavillón Municipal Pablo Herbello, no marco dun proxecto de mellora de instalacións deportivas.
O procedemento de licitación está dispoñible na Plataforma de Contratación do Estado, á que se pode acceder dende a web municipal, e o prazo de presentación de ofertas é de oito días naturais. O proxecto está dividido en dous lotes, tendo o da fachada da nave un orzamento de 23.085,05 €, e o do pavillón, 8.069, 20 €, IVE incluído. As empresas interesadas poden optar tanto á licitación para as dúas obras como para unha soa, tal e como se explicita nos pregos de condicións.
O proxecto está financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo á suma das baixas na licitación de dúas obras anteriores, que se realizaron con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2015 do ente provincial.
Con este orzamento financiarase a obra de mellora nas fachadas, na que tamén se abrirán ventás para que a nave goce de maior ventilación e iluminación. Como complemento aplicarase un tratamento aos muros de pedra existentes, mediante a reparación das xuntas e unha monocapa resistente ao ambiente salino, debido á situación de proximidade da nave ao mar. E por último, inclúese a construción dun muro suplementando o existente na fachada sur (colindante coa praia de Petís), tapando a xunta con tapa inclinada para dificultar o acceso á cuberta a persoal non autorizado.
No que atinxe ao Pavillón, o proxecto prevé dotar as gradas dun total de 400 asentos de plástico con respaldo para mellorar a comodidade dos usuarios e usuarias.

Últimas melloras nestes espazos

O mantemento destes dous espazos forma parte da preocupación incesante do goberno local polas instalacións deportivas do municipio. Así, nos últimos meses no pavillón instalouse unha caldeira de biomasa que permitirá o aforro de enerxía, ademais de 45 luminarias LED na pista polideportiva, con cargo a sendas subvencións do INEGA. Ademais, tamén se renovaron as canalizacións interiores dos vestiarios.
No que atinxe á nave, desta recibiu o Concello a concesión por parte do Ministerio de Agricultura para a súa rehabilitación completa, tendo como obxectivo a remodelación para empregala como almacén, taller de embarcacións e práctica de remo, así como para outras vinculadas con este deporte.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029