Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU LICITA O SERVIZO DE MANTEMENTO DE ASCENSORES E ELEVADORES
[Obras e Servizos]
[Do Luns, 20 de Febreiro do 2017 ao Martes, 07 de Marzo do 2017]
As empresas interesadas en participar deben presentar as ofertas ata o 7 de marzo // O orzamento é de 32.524,80 euros, e a duración do contrato será de dous anos con prórrogas anuais ata un máximo de dous anos
O BOPPO publicou hoxe o anuncio de licitación do servizo de mantemento e conservación dos ascensores e aparatos elevadores instalados nas distintas dependencias municipais: Concello, Casa Cultural de Cela, Casa da Música Manuel Omil, Centro de Saúde, Centro Social do Mar, Praza de Abastos, CEIP A Pedra e Casa do Pobo de Beluso.
Os pregos poden verse na Plataforma de Contratación do Estado, con acceso desde a web municipal, e establecen un orzamento de 32.524,80 euros, e unha duración do contrato de dous anos con ata dúas prórrogas anuais.
Para a presentación de ofertas, deberán entregarse dous sobres no Rexistro Xeral do Concello. No sobre A irá a documentación acreditativa da vontade de participar na licitación, e no sobre B, deberá figurar a oferta económica.
As tarefas que, entre outras, deberá acometer a que resulte adxudicataria son as de conservación e mantemento dos ascensores e montacargas, substitución de todos os compoñentes, pezas e accesorios deteriorados, e as actuacións urxentes que sexan necesarias para o bo funcionamento das instalacións.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029