Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2017
[Cultura]
[Do Mércores, 22 de Febreiro do 2017 ao Martes, 28 de Febreiro do 2017]
Cartel Entroido 2017 Bueu
Cartel Entroido 2017 Bueu
Programación Entroido 2017
O Concello de Bueu organiza unha serie de obradoiros e festas infantís para levar o Entroido aos máis pequenos/as durante toda a semana que vén, en horario matinal (de 11 a 14 horas) no caso dos obradoiros, e vespertino no caso das festas (de 17 a 20 horas). Estes obradoiros e festas son de acceso libre (1) e celebraranse nunha das salas do Centro Social do Mar. Os maiores tamén terán eventos para eles, como é o caso do concurso gastronómico de Entroido para xubilados/as e pensionistas, que se desenvolverá o vindeiro sábado ás 18 horas no Centro Social do Mar, lugar no que tamén estarán expostos os carteis do concurso ata o 11 de marzo.
O 27 de febreiro organízase un obradoiro de escrita creativa e un contoxogos pola mañá, e xogos de animación, baile e pintacaras pola tarde. O martes 28 a protagonista será a repostería de Entroido, coa que se ensinará aos cativos e cativas a cociñar e a elixir os alimentos, e pola tarde, desenvolverase un concerto participativo infantil en galego, ademais dun concurso e degustación de repostería, e animación. Ese mesmo día, na Casa da Aldea de Meiro, poderase degustar filloas no marco da III Filloada de Meiro, que organiza a Asociación de Veciños A Morada.
O 1 de marzo pola mañá é a quenda das artes plásticas, coa elaboración de atrezzo de diversos materiais, photocall e xogos de imaxe e reforzo de autoestima. Pola tarde, celebrarase o Desfile Infantil do Enterriño da Sardiña ás 17.00 horas, na que participarán todas as comparsas infantís previamente inscritas. A continuación, está organizada unha sesión de animación musical participativa, “Cantabaila” e un xogo relacionado coa busca do tesouro.
O xoves e venres, o horario das actividades será só pola tarde, e faranse un lip dub (dobraxe de labios) e obradoiro de artes escénicas (pintacaras, xogos de desinhibición, teatro).
O Festival de Comparsas organizado polo Bueu Atlético Balonmán celebrarase o venres ás 20.30 horas no Centro Social do Mar. As entradas estarán á venda nas librarías Miranda, MarPau e Abrente.
Un contacontos de “A cebra Camila” sorprenderá á rapazada o sábado 4 de marzo pola mañá, na que tamén haberá un obradoiro de marionetas e outros xogos. Pola tarde, os xogos, xincanas, cantabaila, e o obradoiro de decoración de galletas de Entroido porán o peche a estas actividades infantís.
O domingo 5 de marzo, a partir das 17.00 horas, arrancará o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que encherá de comparsas e grupos as rúas do centro de Bueu, e no que se entregarán os premios despois da queima do Paxaro na praia da Banda do Río.
E para rematar, e debido ao éxito dos anos anteriores, o Bueu Atlético Balonmán organiza dous novos pases do Festival de Comparsas: un no Centro Social do Mar o 10 de marzo ás 20.30 horas, na que os beneficios recadados se destinarán ás comparsas, e outro, na Casa do Pobo de Beluso o 11 á mesma hora.

A programación detallada podedes vela no arquivo de abaixo, e na sección de actividades desta páxina web.

(1) Lémbrase que ao ser as actividades infantís de acceso libre, é responsabilidade dos pais e nais o coidado e vixiancia dos seus fillos/as.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029