Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN DÍA DA MULLER DIFERENTE CO QUE SE INICIA O CAMBIO DE CICLO
[Igualdade]
[Do Xoves, 23 de Febreiro do 2017 ao Xoves, 23 de Febreiro do 2017]
Consello da Igualdade celebrado este xoves
Consello da Igualdade celebrado este xoves
O Consello da Igualdade reuniuse este xoves ás 10.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial, en el estiveron presentes representantes políticos e de asociacións de mulleres
O Concello de Bueu organizará diversas actividades diferentes á de anos anteriores polo Día Internacional das Mulleres. Así se expuxo no Consello da Igualdade celebrado este xoves na Casa Consistorial, no que estiveron presentes algúns representantes políticos e asociacións de mulleres. A principal novidade deste ano é que non se vai celebrar a Gala da Igualdade, que se leva realizando dende o 2004 e que, tal e como xa se avanzara o ano pasado, vaise mudar debido a que xa se homenaxearon a case todos os colectivos de mulleres (un total de 123 mulleres de diversas profesións).
Segundo destacou o alcalde, Félix Juncal, que presidiu o Consello acompañado da concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, e da directora do CIM, Montserrat González, “a partir desta edición vaise producir un cambio de ciclo”. Así, a programación do 8 de marzo desenvolverase a partir das 12.00 horas no Centro Social do Mar, e incluirá unha declaración conmemorativa a cargo do alumnado do IES Johán Carballeira, a presentación da imaxe gañadora que se utilizará como calendario da XI Campaña de Educación Non Sexista, e o estreo das curtas e videoclip gravados polos alumnos e alumnas dos centros educativos que dende setembro veñen participando no proxecto ExpresArte!, e no que elaboran produtos audiovisuais con reflexión e perspectiva sobre a igualdade e a violencia de xénero. Este visionado das obras elaboradas polo alumnado poderase ver tamén outro día aínda por concretar, para dar a posibilidade de que “as familias teñan a posibilidade de ver o traballo realizado pola rapazada durante este curso”, declarou o alcalde.
Tamén ese día pola tarde, o historiador e escritor Carlos Bernárdez, impartirá unha charla sobre a figura de Maruja Mallo, artista galega á que se lle dedica o Ano das Artes e que está relacionada coa vila de Bueu, onde pasou algunhas tempadas da súa vida.
Entre os outros eventos que se organizan na vila co gallo desta data, destaca a tertulia literaria arredor do libro de Patricia Highsmith, Carol, que terá lugar o 7 de marzo ás 21.00 horas na Biblioteca Pública Torrente Ballester de Bueu. Este evento terá unha segunda parte coa proxección do Cineclub de Bueu do filme baseado no libro, que será o 11 de marzo en dobre sesión: ás 19.30 e ás 22.00 horas.

Convocatoria do VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares
No Consello da Igualdade tamén se anunciou que o 8 de marzo se convocará o VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, do que se prevé que o prazo de presentación de traballos se estenda ata o 25 de novembro, para dar paso logo á elección do xurado e poder entregar o premio na mesma data do 8 de marzo do vindeiro ano.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029