Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Turismo
Voltar
A ASOCIACIÓN DAS ALFOMBRAS DE BUEU VIAXARÁ ESTE XOVES A MALTA PARA CONFECCIONAR UNHA ALFOMBRA
[Turismo]
[Do Martes, 07 de Marzo do 2017 ao Martes, 07 de Marzo do 2017]
Presentación da viaxe a Malta, xunto ao deseño da alfombra a confeccionar
Presentación da viaxe a Malta, xunto ao deseño da alfombra a confeccionar
Dezaoito membros da Asociación participan na Conference of the Peripheral Maritime Regions of Europe (CPMR) e elaborarán unha alfombra o venres, na que destacarán os materiais propios da vila de Bueu, como as cunchas ou as sementes
A Asociación das Alfombras de Bueu embarcará este xoves cara a Victoria, na illa de Gozo, en Malta, para participar na Conference of the Peripheral Maritime Regions of Europe (CPMR), e que está organizada pola Comisión Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efímero conxuntamente coa Fondazione dell’ Infiorata di Gharb. Co obxectivo de dar a coñecer a identidade de Bueu na confección de alfombras, dezaoito membros da Asociación partirán este xoves para comezar a confección ás 6.45 do venres e colaborar na exposición de alfombras “Unha marabilla de mundo”.
Con este motivo, hoxe celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello de Bueu unha presentación na que estivo a presidenta da Asociación, Carmen Santos, e a concelleira de turismo, Silvia Carballo, na que se deu entrega da bandeira institucional de Bueu e dalgúns presentes para representar ao pobo morracense na illa de Malta.
Realizaranse dez alfombras, nove das cales terán o formato dun pétalo de flor, que se presentan unidos e que simbolizan a vontade de traballar conxuntamente para un proxecto común de arte efémero. A décima bandeira reproducirá a bandeira da Comunidade Europea e nela estarán os logos institucionais da Conferencia de Presidentes Rexionais da UE.
Na presentación desta mañá, a concelleira Silvia Carballo apuntou que “xa é toda unha tradición despedirvos para ir a encontros de alfombristas internacionais”, ao tempo que lles desexou boa viaxe e que “cumprisen coa tarefa de seguir facendo arte dunha tradición con tantos anos en Bueu”. Pola súa banda, Carmen Santos destacou que “sempre é unha honra e unha responsabilidade espallar o nome de Bueu polo mundo”.

A Asociación das Alfombras de Bueu é a única participante galega neste encontro, no que tamén estarán representadas as seguintes asociacións:
-Federació Catalana d’Entitats Catifaires (Cataluña)
-Asociación de Alfombristas de La Orotava (Tenerife)
-Asociación El Pamplillo (Castropol)
-Asociación Amigos de las Alfombras de Serrín de Elche de la Sierra (Albacete)
-Associazione Città dell’ Infiorata (Genzano di roma, Italia)
-Associazione Infiorata di Gerano (Gerano, Italia)
-Asociación de Alfombristas Mexicanos ((Huatmantla, Txacala, México)
-Brussels Flower Carpet Association (Bruselas, Bélxica)
-Fondazione dell’ Infiorata di Gharb (Gozo, Malta)
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029