Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Igualdade
Voltar
O CENTRO SOCIAL ACOLLEU ESTE MÉRCORES UN EMOTIVO ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS MULLERES
[Igualdade]
[Do Mércores, 08 de Marzo do 2017 ao Mércores, 08 de Marzo do 2017]
Entrega premio gañadora XI Campaña Educación Non Sexista
Entrega premio gañadora XI Campaña Educación Non Sexista
A xornada da mañá destacou pola estrea das curtas e videoclip elaborados no marco do proxecto ExpresArte! // No marco da programación, o Museo Massó acolle este mércores ás 20.00 horas unha conferencia sobre a relación da pintora Maruja Mallo con Bueu
O Centro Social do Mar foi o escenario hoxe da estrea de once curtametraxes e un videoclip moi especiais, pois foron elaboradas polos centros educativos do primaria e secundaria no marco do proxecto ExpresArte!, que tivo como cometido traballar durante máis de seis meses na sensibilización e concienciación da igualdade de xénero e da discriminación que sofren as mulleres. O acto tivo lugar este mediodía en el estiveron presentes o alcalde da vila, Félix Juncal, e os concelleiros/as Ana Isabel Otero, Teresa López, Fidel Castro (BNG), Manuel Santos (PP) e José Manuel Vilas (PSOE).
O alcalde da vila foi o encargado de abrir o acto cunha pequena intervención, na que quixo salientar o traballo dos centros escolares que traballan arreo, en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM) para concienciar e fomentar a reflexión sobre a educación en valores dende a primeira infancia. Nomeadamente destacou a labor desempeñada por Ramón Torrente García, quen se encargou de coordinar a todos os centros educativos que participaron en ExpresArte!.
Juncal tamén salientou que “hai esperanza” aludindo ao traballo de reflexión que se realizan desde os máis pequenos e pequenas, os cales estiveron moi presentes na mañá de hoxe. “Celebrar este día non tería sentido se non fósemos conscientes do que facemos a diario, e por iso a igualdade non se debe respectar só este día senón ao longo de todo o ano e en todos os ámbitos”, culminou o rexedor. Tras a súa intervención, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, fixo entrega do agasallo a Marta Piñeiro Torres, alumna do IES Johán Carballeira cuxo deseño foi elixido para ser a imaxe da XI Campaña de Educación Non Sexista. A continuación, por parte do IES Johán Carballeira deuse lectura a unha declaración conmemorativa desta data, na que se empregou o lema de “queremos ser visibles”.
A parte máis emotiva do evento foi a de presentación das curtas elaboradas polos centros educativos. Concretamente os títulos das curtas son os seguintes:
-“Abre os ollos á igualdade”, elaborada polo alumnado de 6º do CEIP A Pedra
-“Patinando en igualdade”, elaborada por alumnado de 5º B do CEIP A Pedra
-“O valor dunha boneca”, de 5º B do CEIP A Pedra
-“Que xoguete prefiren?”, de 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
-“Somos noivos!”, de 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
-“Sara e Bruno”, de 5º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso
-“Igualdade sen fin, igualdade interminable”, de 6º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso
-“Seguimos nas mesmas”, 2º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
-“Por que?”, do IES Illa de Ons
-“Ser ou non ser”, do IES Illa de Ons
-“Hai solución”, videoclip do IES Illa de Ons

Conferencia sobre Maruja Mallo e a relación con Bueu
Pola tarde, ás 20.00 horas, está programada outra das actividades estrela desta data. Trátase da conferencia “A pintora Maruja Mallo en Bueu”, que será impartida polo historiador de arte Carlos López Bernárdez, autor tamén do libro Maruja Mallo. A pintura da nova muller, no que se evita o anecdótico e se salientan os aspectos estritamente artísticos situados no contexto xeral cultural histórico, sen esquecer o biográfico. Con este evento, o Concello quere dar a coñecer unha etapa desta pintora vangardista á que se lle dedica o Ano das Artes.
No acto estreáronse as curtas e videoclip de ExpresArte!
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029