Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A BREVE PERO INTENSA ETAPA DA PINTORA MARUJA MALLO EN BUEU
[Igualdade]
[Do Xoves, 09 de Marzo do 2017 ao Xoves, 09 de Marzo do 2017]
Carlos López Bernárdez estivo acompañado pola concelleira de igualdade
Carlos López Bernárdez estivo acompañado pola concelleira de igualdade
O historiador Carlos López Bernárdez impartiu este mércores unha interesante conferencia no Museo Massó arredor de Maruja Mallo e a súa relación con Bueu
O Día Internacional da Muller en Bueu incluíu diversos actos para os centros educativos na mañá de onte, e pola tarde a actividade estrela foi a conferencia impartida no Museo Massó polo historiador de arte Carlos López Bernárdez, quen falou da estreita relación de Maruja Mallo con Bueu, “nunha etapa moi breve, pero moi intensa”. Ao acto acudiron arredor dun cento de persoas e tamén estiveron presentes o alcalde, e diversos concelleiros do goberno, como Ana Isabel Otero (concelleira de igualdade), Carlos Eirea (cultura), Teresa López (sanidade e educación) e Inmaculada Rodríguez (mocidade e infancia).
López Bernárdez fixo un bosquexo dos trazos máis destacados da vida de Maruja Mallo, quen naceu en Galicia e desde sempre tivo unha gran relación con ela, vivindo en lugares como Vigo, Corcubión ou Viveiro. Desde os seus primeiros inicios foi definida como unha pintora preocupada polo social, polas clases populares. Unha estética e unha forma de ver o mundo que se acrecentou coa súa chegada a Bueu, concretamente a Beluso, no verán de 1936, cando veu acompañando a Alberto Fernández “Mezquita”. Aquí pintou o que se coñece como “Cuaderno de Bueu”, e que foi a base da súa pintura posterior no exilio. A súa preocupación polo social lévase ao seu extremo en Bueu, cando ela se interesa polo mundo mariñeiro, pintando moitos dos seus elementos.
O historiador vigués falou tamén da relación entre a pintura de Maruja Mallo e as fotografías do recoñecido Xosé Suárez, autor da serie “Mariñeiros”.
Con esta actividade, organizada polo Concello de Bueu co gallo do Día Internacional de Bueu, pretendíase dar a coñecer a figura dunha das nosas maiores pintoras xusto en coincidencia co ano no que se lle dedica o Día das Artes, por parte da Real Academia de Belas Artes.
O público asistente á conferencia
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029