Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Benestar Social
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PON EN MARCHA ESTE MES OS OBRADOIROS SOCIAIS E DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA
[Benestar Social]
[Do Venres, 10 de Marzo do 2017 ao Venres, 10 de Marzo do 2017]
Cartel obradoiros sociais Concello de Bueu
Cartel obradoiros sociais Concello de Bueu
Os obradoiros comezarán na semana do 20 de marzo e con eles preténdese chegar a tres grandes sectores da veciñanza: cativos/as mozos/as e maiores
O Concello de Bueu, a través da Concellaría de Infancia e Mocidade dirixida por Macu Rodríguez, poñerá en marcha a partir do luns 20 de marzo a primeira fase da campaña de obradoiros sociais, que terán como protagonistas a tres grandes sectores da veciñanza: cativos/as, mozos/as e maiores, e que serán gratuítos para os participantes.
Os obradoiros para as familias divídense en educación infantil, primaria e secundaria. “Educa coas emocións” preséntase coma unha escola de familias destinada a pais e nais de nenos de primaria de todos os centros do Concello. Iniciarase o 20 deste mes e consta de oito sesións de formación e dúas de seguemento . As sesións serán os luns nas dependencias do CEIP A Pedra de 19.30 a 21 horas con periodicidade semanal, e rematarán a mediados de xuño.
O seguinte obradoiro vai destinado ás familias dos rapaces e rapazas de educación secundaria, e está precisamente enfocado ao reto de educar nesta etapa tan complicada da vida. Os obxectivos son facilitar o camiño cara a autonomía do/a adolescente e mellorar a comunicación e a expresión das emocións entre pais e nais e fillos/as. Estes obradoiros comezarán o martes 21 de marzo de 19.30 a 21 horas e desenvolveranse ata maio no IES Illa de Ons.
Para as familias dos nenos e nenas escolarizados en educación infantil organízase o obradoiro “Educando en igualdade” que se desenvolverá entre o 20 de abril e o 8 de xuño, en horario de 19.30 a 21 horas todos os xoves nun lugar aínda por determinar.
As inscricións para estes obradoiros faranse nos propios centros educativos, desde os que se enviarán as solicitudes de participación aos alumnos/as para que a entreguen cuberta no centro a partir do próximo luns, 13 de marzo.

Obradoiros de memoria para os maiores
Por outra banda, o Concello de Bueu tamén quere continuar cos seus obradoiros para maiores, nos que se fomentará a memoria e se implementarán diversos proxectos e actividades para o mantemento activo da vellez e da memoria. Estas actividades vanse celebrar todos os martes e xoves, en horario de 10 a 11.30 horas, tanto no Centro Social do Mar como na Casa do Pobo de Beluso.
As solicitudes para este obradoiro atópanse na web municipal (www.concellodebueu.org) e no Rexistro Xeral, onde haberá que entregalas de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.00 horas.
Clausura dos obradoiros de memoria do 2016
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029