Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DEPO AVENTURA A LANZADA PARA O ANO 2017
[Cultura]
[Do Luns, 13 de Marzo do 2017 ao Luns, 13 de Marzo do 2017]
En total hai 2200 prazas, das que se reservan 300 para persoas en risco de exclusión social // O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados dende a publicación no BOPPO
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a segunda edición do programa de campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada" 2017, no Centro de Vacacións da Lanzada para as rapazas e rapaces dos concellos da provincia de Pontevedra. Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
"Depo Aventura" 2017 desenvolverase, entre os meses de xuño e setembro, a través de 11 quendas de campamentos de sete días de duración. Os requisitos das persoas participantes son: ter nacido entre 2004 e 2009, ambos inclusive, estar empadroadas ou empadroados na provicnia de Pontevedra e non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa. Hai que ter en conta que haberá 1900 prazas para o procedemento de participación xeral, e 300 para o procedemento específico, destinado aos menores en risco de exclusión social.
O prazo de solicitude é de 20 días naturais a contar desde a publicación do anuncio no BOPPO e as bases completas poden descargarse do BOPPO do 13 de marzo de 2017.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029