Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS
[Deportes]
[Do Martes, 21 de Marzo do 2017 ao Luns, 10 de Abril do 2017]
O prazo de presentación será de vinte días naturais (remata o 10 de abril) desde a súa publicación este martes no BOPPO // O orzamento total destinado a subvencións deportivas por parte do Concello é de case 30.000 euros
O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de solicitude das subvencións para fomento das actividades que no eido deportivo e todas as súas facetas promovan clubs e entidades sen fins de lucro, con interese para o ámbito do Concello de Bueu. O anuncio foi publicado hoxe no BOPPO e os clubs dispoñen dun prazo de vinte días naturais para presentar a solicitude e toda a documentación.
A convocatoria deste ano, que se pode consultar na páxina web do Concello de Bueu xunto ao formulario, establece un orzamento total de 29.500 €, o que supón un incremento de máis de case 5.000 € con respecto ao ano anterior.
Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e entidades deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello, que teñan actividades en deporte base e de competición federadas en ditas categorías, que desenvolvan a súa actividade como mínimo 10 meses ao ano e que permitan o desenvolvemento da súa actividades a fillos/as de socios e non socios.
Os clubs interesados deberán presentar, ou ben no Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica do Concello (https://bueu.sedelectronica.gal/info.0 ), a instancia de solicitude e declaración responsable na que consten diversas situacións que se explicitan nas bases, e documentación xustificativa para avaliar e ponderar a contía da subvención.
Os criterios para o cálculo realizarase segundo un reparto de puntos, atendendo ao número de equipos federados e ao número de fichas federadas dentro de cada categoría. O que se pretende con este reparto é premiar aos clubs con maior deporte base.

As bases, o modelo de solicitude e o modelo de xustificante atópanse nos arquivos de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029