Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU LICITA POR SEGUNDA VEZ UNHA VARREDORA-ASPIRADORA PARA OS SERVIZOS DE LIMPEZA
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 22 de Marzo do 2017 ao Mércores, 22 de Marzo do 2017]
Demostración dunha máquina varredora o pasado ano
Demostración dunha máquina varredora o pasado ano
O anuncio foi publicado este mércores no BOPPO e establece un prazo de presentación de ofertas de 15 días naturais
O Concello de Bueu acaba de licitar por segunda vez o subministro dunha máquina varredora - aspiradora autopropulsada para o servizo de limpeza do Concello de Bueu. O subministro da mesma está orzamentado en 120.000 euros, IVE incluído, e vai con cargo íntegro ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. O anuncio foi publicado hoxe no BOPPO e, tal e como se establece nos pregos, o prazo de presentación de ofertas é de quince días naturais.
As empresas que desexen participar no procedemento, deberán entregar no Rexistro Xeral dous sobres, un coa documentación acreditativa da vontade de participar na licitación do contrato da varredora, e o outro coa oferta económica. Os criterios de adxudicación valorarán a oferta económica (con ata 90 puntos) e as melloras no prazo de garantía (cun máximo de 10 puntos).
Esta licitación sae por segunda vez, xa que a anterior convocatoria declarouse deserta xa que ningunha das cinco empresas que optaban ao contrato cumpría coas esixencias dos pregos de condicións técnicas, segundo informou o arquitecto técnico municipal.
Toda a información sobre o proceso de licitación pode verse na Plataforma de Contratación do Estado, á que se pode acceder mediante unha ligazón da páxina web municipal.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029