Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO COMEZA AS OBRAS DO LOCAL DE OFICINAS PARA RELOCALIZACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 23 de Marzo do 2017 ao Xoves, 23 de Marzo do 2017]
Visita ás obras local oficinas
Visita ás obras local oficinas
A obra foi adxudicada á empresa Acry por un importe de 20.328 € con cargo ao orzamento municipal
A empresa adxudicataria comezou esta xoves as obras de acondicionamento do local de oficinas que se vai empregar para a relocalización dos servizos sociais e de igualdade municipais. As obras están sendo acometidas pola empresa Acry de Promociones y Obras S.L.U., e esta mañá foron visitadas polo alcalde de Bueu, Félix Juncal, o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e o arquitecto técnico municipal, Alfredo de la Campa.
As obras foron adxudicadas por un importe de 20.328 €, IVE incluído, con cargo aos recursos económicos municipais, e nelas adaptarase o local aos novos usos, polo que se creará unha sala de reunións, cinco despachos, dous aseos (un deles adaptado), e unha zona de entrada para dous administrativos. Segundo apuntaron os responsables da empresa, é case seguro que as actuacións rematen a comezos de maio.
O local está situado na rúa Eduardo Vincenti, e pertence a Abanca, a quen se lle adxudicou na sesión plenaria do mes de marzo de 2016 por un importe de alugueiro de 605 euros, con IVE, por un prazo de cinco anos. O local en cuestión cumpre con todas as características que se esixían nos pregos: está dentro do casco urbano de Bueu, ten acceso directo desde a rúa, é unha planta baixa, está a unha distancia máxima de 200 metros do Concello e conta cunha superficie de 226,45 metros cadrados.
Os servizos que se van localizar aquí son os servizos sociais, que actualmente están na primeira planta da Casa do Concello, e o Centro de Información ás Mulleres, que se sitúa nun apartamento dun edificio próximo no que tamén está emprego.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029