Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ARRANCA AS ESCOLAS DE FAMILIAS E OS OBRADOIROS DE MEMORIA PARA MAIORES
[Benestar Social]
[Do Venres, 24 de Marzo do 2017 ao Venres, 24 de Marzo do 2017]
Inicio escolas familias primaria
Inicio escolas familias primaria
Ao longo destes meses haberá escolas de familias para infantil, primaria e secundaria, ademais de obradoiros de estimulación de memoria para maiores
Tres grandes sectores da vila, pequenos, adultos e maiores, son os protagonistas dos obradoiros sociais gratuítos que a Concellaría de Mocidade e Infancia vén de poñer en marcha esta semana e cos que se pretenden implementar políticas sociais activas.
No que atinxe ás Escolas de Familias, estas divídense entre infantil, primaria e secundaria. As de primaria, baixo o lema de “Educa coas emocións”, arrancaron o pasado luns ás 19.30 horas na sala de usos múltiples do CEIP A Pedra e terán unha periodicidade semanal. Nel as familias dos nenos e nenas escolarizados en educación primaria poderán atopar un espazo de diálogo e de aprendizaxe onde intercambiar experiencias para así mellorar a comunicación cos máis pequenos/as.
A escola dirixida a secundaria “O reto de educar na adolescencia”, que se celebra todos os martes ás 19.30 horas no IES Illa de Ons, busca axudar na problemática do crecemento dos fillos e fillas. Os pais e nais participantes terán a oportunidade de facerse con estratexias para encamiñar á xente nova cara á responsabilidade e á autonomía.
A última das escolas de pais e nais, que comezará o 20 de abril ás 17.30 horas na bebeteca de Bueu (debaixo da Biblioteca Municipal Torrente Ballester), vai dirixida aos proxenitores dos nenos e nenas de educación infantil. Nel, as familias aprenderán a “educar en igualdade” desde a primeira idade, achegando unha mirada de xénero en todas as etapas.
As inscricións para estes tres obradoiros faranse nos propios centros educativos, desde os que se enviarán as solicitudes de participación aos alumnos/as.

Obradoiros de memoria para maiores
Por outra banda, o Concello de Bueu tamén comezou esta semana, concretamente os martes e xoves de 10 a 11.30 horas, os obradoiros de estimulación da memoria para maiores, que se celebran tanto no Centro Social do Mar como na Casa do Pobo de Beluso. Os obxectivos que se perseguen son o fomento do envellecemento activo, o aumento na calidade de vida dos destinatarios, o coñecemento de novas actividades de ocio e tempo libre, a mellora nas relacións sociais, etc.
Aínda que as clases xa comezaron esta semana, as persoas que se desexen inscribir poden facelo no Rexistro Xeral.

Inicio obradoiros memoria no Centro Social do Mar
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029