Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE PARA O ANO 2017
[Mocidade]
[Do Venres, 24 de Marzo do 2017 ao Venres, 21 de Abril do 2017]
O prazo de solicitude está aberto ata o 21 de abril // As actividades desenvolveranse no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra nos meses de verán
A Deputación de Pontevedra organiza durante o verán de 2017 os campamentos polideportivos Príncipe Felipe nos que poderán participar os menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra. En total hai 300 prazas, das que a Bueu lle corresponden un total de catro, segundo a poboación.
O prazo de solicitudes estenderase ata o 21 de abril de 2017, e o custe serña de 125 euros por neno/a. Con todo, hai que ter en conta que os membros de familia numerosa de ata tres fillos/as terán un desconto do 20%, e os de máis de tres fillos/as, contarán cun desconto do 30%.

Nestes campamentos, que se celebrarán en varias quendas entre xullo e agosto, realizaranse saídas ao medio natural, parque multiaventura, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas, e obradoiros.

As bases completas podedes velas no arquivo de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029