Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Turismo
Voltar
SEMANA GASTRONÓMICA CONCELLO DE BUEU
[Turismo]
[Do Venres, 24 de Marzo do 2017 ao Mércores, 29 de Marzo do 2017]
Presentación da Ruta das Tapas e Cócteles de Inverno
Presentación da Ruta das Tapas e Cócteles de Inverno
A data límite para a inscrición dos locais será o 29 de marzo // A Semana Gastronómica terá lugar entre o 10 e o 16 de abril
A concelleira de turismo e promoción e económica, Silvia Carballo, anuncia que se organizará entre o 10 e o 16 de abril unha Semana Gastronómica para a hostalería da vila, na que se incluirán tapas, pratos e cócteles con alcohol e sen alcohol.
O obxectivo é dinamizar a hostalaría local coincidindo desta volta cunha época na que o turismo se incrementa notablemente na vila.
Os locais de Bueu que estean interesados en participar deben comunicarllo á concelleira a través do correo silvia@concellodebueu.org ou chamando ao teléfono 986 39 00 29, con data límite o 29 de marzo. Os custes da tapa será 2.00 €, o prato, 6.00 €, o cóctel sen alcohol, 3.00 €, e o cóctel con alcohol, 4.00 €.
Esta actividade leva organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalaría local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Así, as últimas edicións tiveron lugar en febreiro, e durante o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU).

Toda a información atópase no documento de abaixo.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029