Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU PON EN MARCHA UN CONCURSO DE DESEÑO DE LOGO PARA O FUTURO CORPO DE VOLUNTARIADO
[Mocidade]
[Do Luns, 27 de Marzo do 2017 ao Domingo, 30 de Abril do 2017]
O certame vai dirixido ao alumnado de educación secundaria e formación profesional dos centros do municipio
Desde a concellaría de mocidade e infancia, dirixida por Inmaculada Rodríguez, convócase un concurso para o deseño dun logo para o futuro corpo de voluntariado que se vai crear no Concello de Bueu. O certame está dirixido aos alumnos e alumnas dos centros de ESO, Bacharelato e Formación Profesional do municipio, podendo empregar calquera técnica que se considere máis axeitada para a súa realización, e no que se debe incluír os textos de “Voluntariado” e “Concello de Bueu”.
O prazo está aberto ata o 30 de abril, e as bases establecen que o premio, dotado con 100 €, entregarase nun acto aberto no que se presentará o corpo de voluntariado para que as persoas interesadas en participar nas diversas accións poidan presentarse.
No deseño do logo, valorarase especialmente a facilidade de identificación da proposta, o deseño innovador e creativo, a calidade técnica e artística e o impacto visual, e a adaptabilidade a calquera soporte de difusión.
As bases completas foron enviadas aos centros de secundaria da vila, e pódense consultar tamén na web municipal: www.concellodebueu.org .
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029