Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
BUEU ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO PLAN MÓVESE E DOS PRINCIPAIS PROXECTOS DA COMARCA
[Obras e Servizos]
[Do Mércores, 29 de Marzo do 2017 ao Mércores, 29 de Marzo do 2017]
Presentación Plan Móvese en Bueu
Presentación Plan Móvese en Bueu
Ao acto, que se celebrou este mediodía no Centro Social do Mar, asistiron os responsables dos gobernos de Bueu, Cangas e Moaña e diversas persoas do municipio // Nesta primeira fase investiranse 177.064, 27 € en Bueu
O Centro Social do Mar acolleu este mediodía a presentación do Plan Móvese da Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo prioritario fomentar a seguranza viaria nas estradas provinciais a través de métodos de redución da velocidade dos vehículos e a prioridade dos peóns.
A presentación de hoxe é a primeira que se fai en toda a provincia, e nela o alcalde da vila, Félix Juncal, interveu para destacar este plan e desexar que “se faga realidade proximamente”. A continuación, Uxío Benítez, deputado de mobilidade, explicou en que consiste o plan, que ten como liñas básicas a concienciación social e que inclúe actuacións consensuadas con todos os concellos participantes. Así basicamente, en varios puntos das estradas provinciais vanse poñer 337 Pasos de Peóns Sobreelevados (PPS), 260 Redutores Físicos de Velocidade (RFV) ou lombos, coa finalidade de limitar eses tramos a unha velocidade máxima de 30, ao que se engadiría a sinalización horizontal do 60 % dos viais provinciais en mal estado.
No caso concreto de Bueu, vanse adoptar medidas nas seguintes estradas:
- EP 1301: Alto da Portela – Beluso
- EP 1302: Beluso – Cabo Udra
- EP 1303: Banda do Río – A Portela
- EP 1304: Bueu – Igrexario de Cela
- EP 1305: Igrexario de Cela – Outeiro – Bueu
- EP 1306: Portela – Ermelo
- EP 1308: acceso a Praia de Lagos
En total, nestes puntos vanse instalar quince de pasos de peóns sobreelevados e outros quince Redutores Físicos de Velocidade, que supoñen un investimento total de 177.064,27 €.
Segundo avanzou o deputado, esta primeira fase do plan vaise adxudicar no prazo dun mes a catro empresas diferentes segundo os lotes de actuacións, e está previsto que se programe unha segunda fase na que se van ter en conta os proxectos que non se puideron incluír desta volta.
Presentación Plan Móvese en Bueu
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029