Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS
[Benestar Social]
[Do Luns, 03 de Abril do 2017 ao Luns, 03 de Abril do 2017]
O prazo de solicitude está aberto ata o 26 de maio
Persoas beneficiarias:
- Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
- Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
- Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.
- En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
- As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

Requisitos:
- Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
- Que durante o ano 2015, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
- Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Prazo de presentación:
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 26 de maio de 2017.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029