Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Medio Ambiente
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN ACTO DE REPARTICIÓN DE COMPOST REALIZADO NO COMPOSTEIRO DAS LAGOAS
[Medio Ambiente]
[Do Xoves, 06 de Abril do 2017 ao Xoves, 06 de Abril do 2017]
Charla organizada en outubro para presentar o sistema de compostaxe
Charla organizada en outubro para presentar o sistema de compostaxe
O acto terá lugar este xoves ás 19.00 horas xunto ao composteiro dos Xardíns de Urbano Lugrís, nas Lagoas
O Concello de Bueu organiza este xoves, 6 de abril, un acto de entrega do compost realizado polos participantes no programa Revitaliza posto en marcha inicialmente nos Xardíns de Urbano Lugrís, na encrucillada de Pazos Fontenla. Este sistema de reciclaxe, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra nos diversos concellos da provincia, está en funcionamento en Bueu desde o pasado mes de outubro e nel participan arredor de sesenta persoas.
Con motivo deste acto, os responsables locais e o mestre composteiro tamén van dar información sobre o próximo composteiro, que se vai instalar nas inmediacións da rúa Xosé María Estévez, e que comezará a funcionar en breves. Neste sentido, todos os veciños e veciñas da zona poderán asistir para ver como funciona e as vantaxes desta forma de tratar os residuos orgánicos que reducirá notablemente o lixo.
A idea que manexan os gobernos provincial e municipal con este plan é que calquera persoa pode ser capaz de levar a cabo este proceso, que consiste en transformar restos orgánicos en compost, e que ten como resultado un abono natural beneficioso para os nosos solos.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029