Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
OS MAIS PEQUENOS E PEQUENAS CONVÉRTENSE EN MESTRES COMPOSTEIROS POR UN DÍA
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 06 de Abril do 2017 ao Xoves, 06 de Abril do 2017]
Nenos e nenas durante a charla sobre compostaxe
Nenos e nenas durante a charla sobre compostaxe
Nenos e nenas do CEIP A Pedra visitaron esta mañá o composteiro sito nos Xardíns de Urbano Lugrís, onde viron o funcionamento do proceso e participaron del
Arredor dun cento de nenos e nenas de tres cursos do CEIP A Pedra, concretamente de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria, visitaron esta mañá o composteiro sito nos Xardíns de Urbano Lugrís, onde os recibiu o mestre composteiro encargado deste servizo de reciclaxe orgánica posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra. Nas visitas, os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como funciona este método, no que actualmente están participando sesenta veciños e veciñas.
Os nenos e nenas tamén se encargaron de peneirar a materia final para facer o abono, e foron agasallados cunha bolsa de compost e cun diploma de “mestre composteiriño/a”.
Este acto forma parte da campaña do Plan Revitaliza, e pola tarde, ás 19.00 horas, repartirase compost entre os usuarios e usuarias que actualmente veñen utilizando este composteiro. Ademais, darase información sobre o novo que vai comezar a funcionar proximamente na rúa Xosé María Estévez.
Nenos e nenas durante a charla sobre compostaxe
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029