Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Obras e Servizos
Voltar
A XUNTA E O CONCELLO VISITAN A CALDEIRA E AS LUMINARIAS QUE SE INSTALARON NO PAVILLÓN MUNICIPAL
[Obras e Servizos]
[Do Xoves, 06 de Abril do 2017 ao Xoves, 06 de Abril do 2017]
Visita á caldeira de biomasa do Pavillón
Visita á caldeira de biomasa do Pavillón
O alcalde da vila destacou o gran aforro enerxético, que supón arredor dun 70%, máis do que se prevía inicialmente
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, acompañou hoxe ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e o Xefe Territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial Santomé, na visita realizada esta mañá ao Pavillón Municipal Pablo Herbello, onde puideron ver as obras que se veñen de realizar neste espazo con dúas subvencións do INEGA.
Concretamente, os asistentes puideron comprobar a caldeira de biomasa que se instalou nun cuarto dun lateral do pavillón e que, segundo declarou o alcalde, “permite aforrar máis do que se pensaba inicialmente, en torno a un 70% de enerxía”. Esta obra financiouse con cargo a unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia por un importe de 20.399,96 €, o que supuxo o 80% deste subministro. Así mesmo, con outra subvención de 20.750 €, este espazo deportivo viu substituídas corenta e cinco luminarias por outras tipo led, que permiten que o alumeado sexa máis eficiente e con menor consumo.
Tanto Cores Tourís como Juncal destacaron a importancia destes investimentos nos concellos, pois permite un aforro económico importante e implementa os servizos municipais. Por iso, animaron a todos os municipios a solicitar estas axudas que se veñen de convocar recentemente, e que tamén inclúen unha partida orzamentaria para empresas e asociacións.
Na visita tamén estiveron presentes o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, así como os edís do PP local, Manuel Santos Pires e Pilar Otero.
Visita ás luminarias do Pavillón
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029