Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU COLOCA NOVAS PAPELEIRAS E INICIARÁ UNHA CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL
[Obras e Servizos]
[Do Venres, 07 de Abril do 2017 ao Venres, 07 de Abril do 2017]
O alcalde e o concelleiro de obras visitan as papeleiras
O alcalde e o concelleiro de obras visitan as papeleiras
A reposición de papeleiras supón un investimento de máis de 8.000 euros, que se financian con cargo a fondos municipais
A concellaría de obras e servizos, dirixida por Fidel Castro, comezou esta semana coa reposición de papeleiras en diversas zonas do centro urbano. En total vanse colocar un cento de papeleiras normais e dez con opción de expendedor de bolsas para excrementos de cans.
As papeleiras, que supoñen un orzamento de máis de 8.000 euros con cargo a fondos municipais, son de modelo cibeles, que destaca polas múltiples funcionalidades, como son a limitación da formación de lixo, as restricións na entrada de auga, a resistencia aos golpes, o seu mantemento e baleirado, a accesibilidade e a súa fácil instalación.
Esta proposta forma parte dun proxecto que vai máis alá e que inclúe a concienciación ambiental. Neste sentido, desde o goberno fan un chamamento á sociedade para que “se manteñan limpos os espazos públicos, posto que son a nosa cara máis visible”.
A campaña de sensibilización incluirá a colocación de diversos paneis con información sobre a necesaria recollida dos excrementos dos cans e das mascotas que habitualmente paseamos polas rúas. É esta unha medida para facer fronte á grande sucidade que se alertou en varios puntos da vila, nos que se concentran as deposicións animais.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029