Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Desenvolvemento Local
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UNHA SEMANA GASTRONÓMICA CON TAPAS, PRATOS E CÓCTELES
[Desenvolvemento Local]
[Do Luns, 10 de Abril do 2017 ao Domingo, 16 de Abril do 2017]
Cartel Semana Gastronómica Bueu
Cartel Semana Gastronómica Bueu
Os catorce locais participantes comezarán a ofrecer as súas propostas desde este luns ata o domingo, 16 de abril // O horario será de 12 a 13.30 e de 20 a 22 horas
Este luns comezará a Semana Gastronómica de Bueu na que participan catorce locais hostaleiros que ofrecerán diferentes tapas, pratos e cócteles, e que se estenderá ata o 16 de abril.
A idea é ofrecer unha alternativa que potencie a hostalaría da vila nunha época na que o turismo se incrementa notablemente na comarca.
Os locais que ofertarán as súas propostas son A Cepa (prato), Aturuxo (tapa e cóctel), Cafetería Centro Social (tapa), Cafetería Jardín (tapa e cóctel), Casa Benito (tapa e prato), Casa Quintela (tapa, cóctel e prato), Chilau (tapa, cóctel e prato), El Balcón (cóctel), Magic (cóctel), Noites Tapas (cóctel e tapa), O Pazo (tapa), Planta Baja (tapa e cóctel), Restaurante Loureiro (tapa), e Rosalinda (tapa e cóctel). As tapas terán un custe de 2.00 €, o prato, 6.00 €, o cóctel sen alcohol, 3.00 €, e o cóctel 4.00 €.
O horario de apertura dos locais será de 12 a 13.30 e de 20 a 22 horas.

Apertura da Oficina de Turismo
Por outra banda, desde a concellaría de turismo infórmase de que a Oficina de Turismo, situada na Sala Domínguez Búa, estará aberta durante toda a semana próxima, en horario de 10.30 a 14.30 e de 17 a 20 horas.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029